La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ALERTA Y DENUNCIA que podría estar utilizando el dinero público para hacerse un traje de gala de Gardacostas según el Decreto Urgente que gestionó.
Publicado por www.pladesemapesga.com el día 31-05-2012; Antón Salgado Clavo. Vicepresidente de Pladesemapesga y Portavoz del Grupo de Expertos Mundioles de Salvamento Marítimo.
Pladesemapesga rexeita frontalmente o cobro polos servicios de Salvamento Marítimo as xentes da Pesca e do Mar
Rosa Quintana quere cobrar a quen este morrendo no Mar..tasas polos servizos de Salvamento..o que lles faltaba as xentes do Mar
Un Decreto ocultado e aprovado de forma sigilosa as costas do sector aprobado hoxe prevé cobrar taxas por usar as alertas de Socorro no Mar ou os servicios de restae e Salvamento Marítimo para encherlle os petos a empresa concesionaria de rescate.
Un Decreto que en ningún momento se consensuou co sector, ASOAR-ARMEGA, Agamar, esta misma Plataforma, Pladesemapesga, ou outros entes representativos do Mar en Galicia
O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de decreto que establece os prezos polos servizos de rescate prestados polo Servizo de Gardacostas da Consellería do Medio Rural e do Mar, entre os que se atopan o servicio dos helicópteros Pesca1 e Pesca2 vendidos-regalados recientemente a unha empresa privada cunha entrega de mais de 2 millóns de euros anuales.
Para xustificar este novo ataque as xentes do Mar, Rosa Quintana se ampara en que quere reforzar a mentalización da cidadanía sobre o risco que entraña a realización de determinadas actividades relacionadas co mundo do mar.
¿ Increible ? Querer botarlle a culpa dos accidentes marítimos as xentes que traballan no Mar para xustificar un novo ataque aos petos dos contribuintes, para dilapidalo despois en Xornadas, Foros, Ingauracións, Ponencias, Viaxes a México e Chile entre outros, para ir a festas e todo tipo de chiringuitos, como xa denunciamos habitualmente..
Inconcebible, no comunicado se afirma sin "cortarse un pelo" que se, preténde disuadir as actuacións imprudentes e irresponsables. Habría que regular o morro que lle votan para ir a facerse a foto cos familiares dos falecidos por a súa propia incapacidade de xestión.
Cabe destacar que os medios de salvamento supoñen cuantiosos custos para todos os galegos; uns 6 millóns de euros ao ano no caso de rescates por medio aéreos e uns 5 millóns de euros ao ano no caso de operacións por medio de embarcacións.
Pero o que non dí o comunicado e que a Consellería ven de vender-regalar os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 a unha empresa privada con un contrato fixo de 2 millóns catrocentos mil euros ao ano para xestionar o servicio, cando acaban de retirar a vixilancia dos servicios aéreos sobre os mesmo en Celeiro, tal e como denuncian os afectados.
Ademais, terán que pagar a nova taxa as persoas rescatadas que non leven o equipamento axeitado para o desenvolvemento da actividade.
Rosa Quintana, unha vez mais, demostra a pouca sensibilidade ou o pouco que lle ineteresa o sector marítimo pesqueiro de Galicia onde actúan mais de 36.000 familias relacionadas co Mar, primeiro anula o seguro de Mar e despois de outras moitas xestións que atacan ao sector directamente, ahora hai que sumar a perda de sobrevivir a un accidente no Mar onde esta xa mais que demostrado que nas conclusións de accidentes marítimos o 99% dos accidentes incumplen o equipamento e son rescatados mediante o incio de actuacións particulares no 100% dos casos, para que con posterioridade se asuman como propios os méritos do rescate.
O que nos fai deducir que as declaracións de Rosa Quintana sobre este novo ataque as xentes do Mar, que o que non pague "os caprichos do PP, convertidos en tasas de salvamento marítimo" xa pode colgarse dunha bolla chea de víveres e un teléfono móvil para chamar aos curmans ou un delfín domerticado si queren chegar a terra sanos e salvos..
Sra Rosa Quintana.. ¿ Dimita, pero fagao xá ?, se sorprenderá do estruendo de aplausos no litoral galego ao vela lonxe do litoral.
Más en www.pladesemapesga.com y www.plataformaendefensadelsectormarítimopesquerodegalicia.com